jueves, 9 de febrero de 2023

Formación de radio

O día 8 de febreiro foi un día moi emocionante para profesorado e o alumnado de 5º de primaria xa que tivemos a sorte de contar con Damián Alonso de "Ponte nas Ondas".

Como bos locutores de radio primeiro hai que saber un pouco de teoría para poder levar á práctica e crear o noso propio programa. Así que a rapazada de 5° púxose ao choio e adiante.

Tamén fixeron uns exercicios de voz cun bolígrafo na  boca.

Despois fixeron a súa propia escaleta para por fín gravala. Nela  contaron anécdotas do colexio, curiosidades, entre moitas outras cousas.

Por outra banda pola tarde o profesorado do centro tamén tivemos a oportunidade de formarnos con Damián onde aprendemos moitas cousas da radio, como a edición en Audacity e sobre todo como levar a cabo a radio co noso alumnado.







Moitas grazas Damián pola formación! Foi xenial!


No hay comentarios:

Publicar un comentario