Ola, xa estamos eiquí outra vez con dous novos desafíos. Como sempre, verde para os máis pequenos e amarelo para os máis grandes. Seguro que vos "comeredes o coco" para resolvelos.
Veña, a por eles!!
Pero, antes de nada, queremos darvos unha moi boa nova: xa estamos preparando XOGOS VIRTUAIS
relacionados co tema troncal (PDI) deste curso:
"Sementamos futuro no Pombal".
Podedes divertirvos mentres aprendedes con xogos de memoria de pares iguais, o aforcado, queres ser millonario, sopas de letras, quebracabezas, persecucións no labirinto, acertixos de imaxes... e moitos máis.
Seguro que vos sorprenderán!!
Podedes empezar dende a páxina de inicio deste blog buscando a páxina "Xogos virtuais" ou pinchando eiquí
Pero antes queredes saber a resposta correcta do desafío anterior, non si?, pois eiquí a tedes..
SOLUCIÓN DESAFÍO 1 VERDE
SOLUCIÓN DESAFÍO 1 AMARELO
E agora, os novos desafíos.
DESAFÍO 2 VERDE
DESAFÍO 2 AMARELO
Como vedes, son un pouquiño máis difíciles, pero estamos seguras de que para vós serán "pan comido".
Tedes ata o venres 10 de marzo para meter as vosas respostas na caixa de correos da biblio.
Seguinte reto, o luns 13 de marzo.
Moita sorte!!
Unha aperta das profes do equipo de biblio
No hay comentarios:
Publicar un comentario