viernes, 30 de abril de 2021

LETRAS GALEGAS

Como xa vos comentamos a semana pasada, aquí deixámosvos o vídeo da actividade dos padriños lectores que celebramos o anterior venres co gaio do Día do Libro.






















Exposición homenaxeados e homenaxeadas no Día das Letras Galegas



Libros sobre a vida de Xela e outros traducidos por ela ao galego













PREME NA IMAXE PARA VER OS SEUS LIBROS

Categoría: Poetisa e traductora
Data de nacemento : 4 de marzo de 1962 († 2 de noviembre de 2003)
Lugar de nacemento: Lugo



Licenciada en Filoloxía Hispánica,  Xela Arias pasou a maior parte da súa vida en Vigo, onde chegou a ser un referente do mundo editorial e da poesía de muller. En 1980 fundouse a editorial Xerais, onde traballou como correctora e asesora lingüística durante dez anos.


Deuse a coñecer en 1986 con 'Denuncia  do equilibrio', finalista do Premio Losada Diéguez. Tamén foi finalista do Premio Esquío con ' Lili  sen pistolas', un libro que aínda hoxe permanece inédito. Posteriormente publicou 'Tigres coma  cabalos' (1990), 'Darío a diario' (1996) e ' Intempériome' (2003). Ademais, participou en libros colectivos como 'Palabra de  muller' (1992), 'Rosalía  na palabra de once poetas  galegas' (1997) e ' Daquelas que cantan' (Fundación Rosalía de Castro, 2000).


Traduciu ao galego numerosas obras e foi premio de tradución Ramón Cabanillas. Colaborou en diversas publicacións e recitais poéticos.
















VÍDEO VIDA E OBRA:











                                  
 

Xela_Intemperie

XELA RIAS. PALABRA Á INTEMPERIE

 

Editorial: Baía Edicións

Autora: Emma Pedreira

Ilustradora: Laura Romero

EAN:9788499953588

DISPOÑIBLE UNIDADE DIDACTICA 

 

 

Escoitar audio






NO COLE MERCAMOS ESTES EXEMPLARES


       




Tamén contamos coa visita do fillo de Xela Arias (Darío), que estivo falando da súa nai co alumnado de 6º de primaria.
Entregóuselle a placa co nome de Xela Arias, que será colocada nun aula do noso cole.

 
Aquí tende o vídeo da visita





PRÓXIMOS EVENTOS LETRAS GALEGAS (preme na imaxe)







ESPECIAL DÍA DA NAI . LIBROS PARA AGASALLAR (preme na imaxe)











No hay comentarios:

Publicar un comentario