viernes, 7 de mayo de 2021

PROFES DE CINEMA

Pouco a pouco imos intentando que os nosos nenos e nenas volvan a normalidade e para eles e elas , voltar á biblioteca failles moitísima ilusión.




INF 3 ANOS A




             

































INF 4 ANOS B





                                        



      









       










  2º A



                                                             



                                                               







3º A


       



        

    



4º A



4º B








6º A






6º B


Gracias profe Pilar por pasarnos a montaxe.




Os encontros cos autores e autoras son diferentes este ano, xa que son de forma telemática. 
Toda unha aprendizaxe diferente por mor desta pandemia, pero non queriamos renunciar a esta actividade.
Aquí temos ao alumnado de 5º de primaria nunha webinar con Pedro Mañas, autor do libro El apestoso tío Muffin (Ed. Anaya)








Agora que xa estamos a piques de rematar este curso de película, imos facerlle unha homenaxe a todos eses profes que estiveron ao pé do canón durante esta pandemia.
Vai por eles e elas!!!


Películas sobre docentes:





Lecciones inolvidables



Baseada na vida de Jaime A.  Escalante, docente de Matemáticas, esta cinta (de finais da década dos 80) foi protagonizada por Edward James Olmos. Forma parte deste grupo de longametraxes que relatan a chegada dun novo profesor a un centro conflitivo e como a súa presenza marcará un antes e un despois para os seus alumnos; mozos cunha actitude conformista e sen aspiracións que aprenderán o significado da palabra loitar.




Katmandú, un espejo en el cielo



 Icíar Bollaín dirixe a Verónica  Echegui nesta película que traslada ao espectador a unha escola de  Katmandú. Alí  Laia, o seu protagonista, enfróntase a unha dura realidade tanto persoal como profesional que aos poucos irá superando mentres emprende un interesante proxecto educativo de alfabetización. Baseada nunha historia real, a dunha mestra catalá chamada Vitoria  Subirana.




La sonrisa de Mona Lisa



Ambientada no ano 1953, o seu director  Mike Newell realiza unha crítica ao papel da muller naquela época. Ata o colexio feminino de  Wellesley chega a profesora de arte  Katherine Watson (Julia  Roberts). Ensinará ás súas alumnas a importancia de pensar por si mesmas e que máis aló de ser unha boa esposa e nai a vida pode ofrecelas moitas máis cousas e oportunidades.




El maestro



Alberto  Manzi é un profesor que acaba de regresar da II Guerra Mundial e empeza a buscar traballo. A tarefa non é fácil e finalmente atopa un no  reformatorio da cidade, dando clases a nenos e mozos aos que ninguén acepta. Con moito esforzo e dedicación consegue que estes pequenos acaben confiando nel, compartindo soños e historias.





La clase



O abandono escolar, a falta de educación, a inmigración ou a necesidade de estimular aos alumnos son algúns dos temas que expón esta longametraxe francesa. O fío condutor é un novo profesor de lingua francesa que imparte clases a un grupo de adolescentes nun instituto  multiétnico dun barrio marxinal de París.






Profesor Holland

                                                              


Esta película conta a historia de  Glenn Holland (representado por Richard  Dreyfuss) que tras deixar o seu traballo como músico en festas privadas, convértese en profesor dunha desordenada escola. Aquí descubrirá a súa verdadeira vocación: ensinar aos seus alumnos para entender a vida a través da música. Dirixido por Stephen  Herek, este filme estadounidense estreouse en 1995.




El club de los poetas muertos

               

Cunha repartición encabezada por  Robin Williams, Robert Sexan Leonard e  Ethan  Hawke, esta película estreouse en 1989. Ambientada na exclusiva Academia  Walton de Nova Inglaterra, a chegada do novo profesor de Literatura e os seus novos métodos de ensino son o contrapunto ás estritas regras académicas deste centro escolar.  Robin Williams encarna a John  Keating, un docente co que un grupo de estudantes aprenderá a loitar polos seus soños e a non renderse. Tamén descubrirán o significado da expresión latina ‘ carpe  diem’.






Los chicos del coro

                                                                     


A película conta a historia  Clément  Mathieu, un músico fracasado que traballa como docente nun internado para nenos ‘difíciles’. A través da música, o profesor logra cambiar a vida dos seus alumnos coa creación dunha coral. A base de practicar e grazas á voz excepcional de Pierre  Morhange, un dos alumnos máis complicados, o coro comeza a ter éxito. Este filme francés de 2004 foi dirixido por  Christophe  Barratier.




Rebelión en las aulas

                                                                          

 Sidney  Poitier encabeza este clásico do cinema —cuxo título orixinal é ‘ To  Sir,  with  love’— que ten lugar nunha escola conflitiva.  Poitier encarna a un enxeñeiro en paro que, ata que lle salga un traballo que verdadeiramente lle interese, acepta un emprego como de mestre este centro. Terá o difícil labor de gañarse a confianza dun grupo de estudantes  desmotivados, difíciles e rebeldes.








LIBROS SOBRE MESTRES E MESTRAS:










No hay comentarios:

Publicar un comentario