Este ano son moitas as actividades que non podemos facer como noutros cursos por mor da Covid.
Unha delas (a que máis vos gusta) son os padriños lectores, que sempre esperabades ansiosamente.
Como temos que respetar os cursos burbulla, os maiores do cole non poideron ir buscar aos máis pequenos para lerlles contos; así que argallamos unha maneira de facer os apadriñamentos dentro da mesma aula e foron os mestres os que se intercambiaron de clase.
Non é o mesmo, pero non quixemos que se perdera a esencia desta actividade nesta data tan importante para a nosa biblioteca e para as do resto do mundo.
O próximo venres, poremos aquí un pequeno vídeo coa actividade. Non vos esquezades de entrar no blog para vela.
Quen non nos faiou nesta semana tan importante para as bibliotecas, foi a Biblioteca X. Neira Vilas, que estivo connosco contándonos un montón de historias sobre Villanos clásicos: bruxas, ogros e lobos. Durante dúas semanas, pasarán por todas as aulas do cole.
Aquí vos deixamos algunhas fotos desta semana:
E xa para rematar esta semana adicada ao libro, acompañounos tamén Sabela Gago (animación ofrecida pola editorial Santillana).
Agora imos traballar un pouquiño sobre esta data tan importante.
Un Genially:
Por que ler?:
A maxia da lectura:
Curtos sobre libros:
Películas:
Debuxa un selfie do personaxe dun libro que máis che guste
bibliopombalcastelao@gmail.com
E hoxe tamén comenza o XXII Salón do Libro de Pontevedra.
Que este ano vaise facer pero en diferentes ubicacións por mor da COVID.
O título é " Emerxencia climática: libros para salvar o Planeta".
Que este ano vaise facer pero en diferentes ubicacións por mor da COVID.
O título é " Emerxencia climática: libros para salvar o Planeta".
No hay comentarios:
Publicar un comentario