jueves, 5 de noviembre de 2020

UN SAMAÍN DE CINE


Aquí estamos un venres máis.

O primeiro é dar resposta ao reto da semana pasada. 

O nome da película inspirada nas fotos é a de "Harry Potter e a pedra filosofal".

A librería chámase Lello e Irmao e atópase en Oporto (Portugal).

Os acertantes a este pequeno reto foron:

Aurora : 5º B mandounos unhas fotos da librería do ano 2015 cando foi coa súa familia.







Martín e Cíes: 4ºA e 1ºB

Jimena: 4º B

Sara Caeiro: 6ºB. Mándanos esta foto.




Irmáns Eric e Sara: Inf 3B e 2ºB 

Paula e Ana : 6ºA e 3ºA, tamén estiveron cos seus pais no ano 2017.










Despedimos a semana do Samaín co noso estreno particular.







     


          

 

CLASE DE MÚSICA COA PROFE TERESA

 


Na clase de música traballamos os ritmos dun fragmento da banda sonora desta película.








 INFANTIL:

Musicograma The Addams Family  





1º e 2º PRIMARIA:

Ritmograma Familia Addams





 2º e 3º PRIMARIA:

Percusión corporal/Body percussion La familia Addams.





4º,5º e 6º PRIMARIA:


The Addams Family-Body Percussion 

 


Todo o alumnado practicou  tamén esta música:

 

Skeleton Dance Disney – Percussion 





Aquí tendes un curto de medo de Ander (Inf 3B) e o seu irmán Kevin (4ºA).

Que medoooooo!!!





Carmen, de Infantil 3anos A, cóntanos un conto. 
Será de medo?
Preme no seguinte enlace para descubrilo.



 Paula e Ana tamén nos mandaron unha coreografía ( creo que estiveron moi atentas ás clases de baile da profe Fátima na hora de Educación Física).



A profe de Reli tamén celebrou esta festa por todo o alto, decorando e cociñando cousas terroríficas.


      




          


  







      



Aurora de 5ºB, tamén quixo contarnos un conto de medo!!!.
Premede no enlace seguinte:












Aquí vai o reto novo que vos propoñemos esta semana.
Como sabedes, o cine está moi relacionado coa fotografía,xa que é a imaxe en movemento; así que preparade todos e todas as cámaras, móbiles ou calqueira dispositivo, xa que imos converternos en fotógrafos e fotógrafas.


  














Que tendes que facer? Pois..


"INMORTALIZA A TÚA CIDADE "

Como alternativa a un ocio sano e libre de Covid, tendes todo o mes de novembro para mandar as vosas fotografías.
Pode ser da cidade, monte, escultura, edificios,...
Esperamos as vosas fotos no correo da biblio:

bibliopombalcastelao@gmail.com








No hay comentarios:

Publicar un comentario