jueves, 19 de noviembre de 2020

TODO SOBRE O CINE . ESPECIAL BANDAS SONORAS.



Compartimos convosco esta recompilación por se nalgún momento realizades este proxecto ou algunha actividade sobre o cine.

Neste  symbaloo atoparedes,  experiencias, unidades, actividades webs e blogues referidos ao proxecto "Un curso de película" . 

Na parte final do  symbaloo hai presentacións e vídeos elaborados sobre a historia do cinema que  parecéronnos apropiadas para utilizar na aula.








Para comezar a coñecer a historia do Cinema desprazamonos a China.

Aprenderemos con este vídeo  que son os teatros de sombras chinesas.





Os xoguetes ópticos apareceron para demostrar o fenómeno físico da persistencia da visión, unha técnica que podería compararse ás primeiras películas dos debuxos animados.


TRAUMATROPO:

É un xoguete inventado por  Jahn  Ayrton en 1824 en Inglaterra. 

É un disco con dúas imaxes a ambos os dous lados que ao tirar dunha corda, provoca e xogo óptico de ver as dúas imaxes como unha soa.


NA NOSA BIBLIO PODEDES ATOPAR UN.
(Foi un agasallo de cando estivemos de intercambio en Oporto e leváronnos ao "Centro Lúdico da Imagem Animada")

É o precursor doutros xoguetes ópticos.

Déixovos un vídeo coa explicación. 


Aquí tendes algúns modelos para imprimir para que fagades na clase, aunque tamén podedes inventar os vosos.

Animádeos a facer o voso e podemos facer unha exposición na biblioteca.









 ZOTROPOS E  PRAXINOSCOPIOS:

Son inventos realizados no sigo  XIX, unhas décadas antes da aparición de Cinema.



NA NOSA BIBLIO PODEDES ATOPAR UN .    






 SCANIMATION

Un libro onde se ve os movementos a través da técnica de  Scanimation, unha técnica moi actual patentada por  Ruflus  Bter  Seder.

Este autor ten varios contos que nos poden achegar a esta técnica. Un deles é  KicK! que aínda que está en inglés o texto é moi sinxelo.

Neste vídeo podedes observalo por dentro.






PROFESIONES DEL CINE:





Con toda esta información xa tendes para traballar o tema deste curso.

Esperamos que lle saquedes moito proveito.


E agora toca....





O domingo día 22 , é o día de Santa Cecilia (patrona da música).


No cine, un elemento fundamental é a música; xa que moitas veces  transmitenos intriga, medo, tristura, ledicia, suspense...
E que dicir desas bandas sonoras tan características dalgunhas películas, que nos transportan a África, a navegar como piratas polo Caribe, a bailar con lobos ou a ser o último da túa tribo.
Pois de bandas sonoras vai este reto.

Tendes que adiviñar a que película pertencen as seguintes bandas sonoras.
Podedes preguntar aos maiores, xa que algunhas non as saberedes.

Mandade un correo co voso nome e curso coas respostas, onde poñeredes o número do audio e ao lado o título da película.

Por exemplo:

AUDIO1: "............"

O correo da biblio é:

bibliopombalcastelao@gmail.com




AUDIO 1:



AUDIO 2:



AUDIO 3:




AUDIO 4:



AUDIO 5:



AUDIO 6:



AUDIO 7:


AUDIO 8:



Agardamos as vosas respostas!!!














No hay comentarios:

Publicar un comentario