jueves, 12 de noviembre de 2020

MAGOSTO VIRTUAL E RETO "DECORANDO O COLE"

 


Cambio de hora, rúas molladas e cheiro a castañas, o outono chegou para quedar e iso implica que chega unha festa moi importante en Galicia: o magosto. Unha festa que se celebra habitualmente na primeira quincena de novembro, entre o Día de Todos os Santos, 1 de novembro, e o día de San Martiño, 11 de novembro pero que se estende durante todo o outono.

O magosto é unha festa tradicional arraigada na cultura popular galega onde as castañas son as protagonistas. E non é de estrañar, os castiñeiros pertencen á paisaxe galega desde hai séculos e o seu froito foi un alimento moi importante na sociedade europea, xa que en épocas de fame asegurou a supervivencia de moita xente. Desta árbore aproveitábase todo ao máximo, desde a súa madeira, ata o seu froito e os seus refugallos e moitas rendas, ou parte delas, cobrábanse antigamente en castañas, tamén coñecidas como o “pan dos pobres”. 


Orixe do magosto:

O magosto é unha festa pagá con elementos celtas que máis adiante se cristianizaron. Os elementos que máis destacan son o lume e as castañas. Coincidindo co final do verán, relacionábase coa fertilidade e fecundación da terra para as seguintes colleitas.

O magosto é un banquete no que a castaña asada e o viño son o manxar. Xuntábanse para celebrar o fin dunha nova colleita e lembrar aos que non están reuníndose veciños, familias e amigos. Os mozos recollían e levaban as castañas, e xuntos comían, bebían e bailaban ao redor da fogueira pintándose a cara coas cinzas. 


O magosto na actualidade:

Todo o mundo celebra o magosto dunha forma ou outra, pero a máis popular é subir ao monte cun grupo de amigos ou familiares e asar castañas e chourizos nunha fogueira. As adegas das casas son outro dos escenarios para celebrar o magosto aínda que o lugar natural desta festa é o monte, especialmente entre a mocidade. O contacto co medio ambiente forma parte do ritual desta festa e por iso percórrense os bosques galegos en busca do mellor lugar para gozar da compañía, as castañas e a natureza. Respectando sempre o medio ambiente e evitando que a festa supoña un impacto para o monte. 


O Equipo de Dinamización da Lingua Galega xa puxo o seu estreo na pantalla de cine:






Dende a biblio os ofrecemos diferentes recursos:

CON PICTOGRAMAS:



PARA SABER MÁIS:





DOCUMENTAIS E REPORTAXES:










RECURSOS:


CONTOS:

"El otoño con Vivaldi"



" A castaña que rebentou coa risa"



RECOMENDACIÓNS LECTORAS:




                         





ACTIVIDADES LIM:



INFANTIL

PRIMARIA









CANCIÓNS:

"O rap do magosto"



"O magosto. 13 Lúas"



"Non chas quero"



"Chegou o magosto"





MÁIS RECURSOS:



 BLOG EDLG:










O reto desta semana é para facer dende o cole.
Por aula ou por niveis tedes que decorar portas e pasillos coa temática do cine, xa que é o noso proxecto anual.
Tedes ata o 18 de decembro para preparar toda a decoración. Animádevos a facer algo espectacular pois as tres mellores clases serán homenaxeadas co conto ou película que queirades, ademais todos participaredes na votación a través do blog (xa vos iremos informando).

Na publicación do próximo venres, haberá un especial cine que vos axudara á decoración da vosa zona.

Vémonos!!!






















No hay comentarios:

Publicar un comentario