O sábado 24 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas. Vimos a moitos personaxes pasear por elas nas salas de cine. Da igual que fosen comedias, dramas ou thrillers, a acción entre libros foi moi variada.
Imos repasar algúns destes lugares de encontro para lectores e estudantes que deixou o cinema.
Premede na imaxe para descubrilo.
Cantas pelis vichedes das que saen na presentación?
A nosa biblioteca tamén é de película e temos todo ambientado para empezar co Proxecto elexido para traballar este curso: O CINE.
O lema é "UN CURSO DE PELÍCULA", xa que dadas as circunstancias que nos está tocando vivir, non atopamos un título que o defina mellor.
Así de bonito quedou todo.
O lema é "UN CURSO DE PELÍCULA", xa que dadas as circunstancias que nos está tocando vivir, non atopamos un título que o defina mellor.
Así de bonito quedou todo.
Agora a ver si sodes quen de descubrir o título da película que se inspirou nesta librería.
Como se chama? ,en que cidade se atopa?.
Podedes preguntar aos vosos pais, nais, avós, avoas...
Se tivechedes a sorte de estar nela, podedes mandarnos algunha foto.
Mandade as respostas ao correo da biblio, e para a semana diremos a solución e se ainda non enviaches o voso vídeo de medo (ver entrada do venres pasado) vos deixamos unha semana máis para facelo.
bibliopombalcastelao@gmail.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario