miércoles, 25 de noviembre de 2020

LUCES, CÁMARA E UN VALOR. ESTA SEMANA VAI DE CORTOS...

Aquí estamos, unha semana más con vosco.

O primeiro de todo, imos dar a solución aos audios das Bandas Sonoras do reto da semana pasada. Grazas a todos os que participasteis.


1.- "Los chicos del coro"
2.- "Mamma mía"
3.- "Vaiana"
4.- "Grease"
5.- " El Rey León"
6.- "Frozen"
7.- " Los Picapiedra"
8.- "Star Wars"

Os gañadores foron...

























Neste mes de novembro, houbo algunhas datas importantes.

O día 20, foi o Día mundial da Infancia e o 25 celebrouse o Día Internacional da No Violencia de Xénero.

O cinema levou á gran pantalla moitas películas nas que se tratan temas relacionados co mundo da educación. Aquí tendes 14 curtos para reflexionar sobre a amizade, a solidariedade, o traballo en equipo, o respecto ás persoas…








1. Cuerdas:


O guionista e director Pedro Solís García dirixe esta pequena obra de arte que foi recoñecida  co Premio Goya 2014 á Mellor Curtametraxe de Animación. A tenrura, a amizade, a inocencia ou a xenerosidade son algúns dos valores tratados.







2. El vendedor de humo:

Este curto animado expón diferentes cuestións ao redor das cales os alumnos teñen a oportunidade de
 reflexionar: o consumismo, a picaresca, como en ocasións dámoslle demasiada importancia ás aparencias…



3. El hombre orquesta:
A factoría de animación Pixar é a autora desta curtametraxe (tamén de animación) cuxa trama recolle
 a importancia de traballar en grupo. Así mesmo, reflicte que as rivalidades non sempre son boas, en especial 
cando son levadas ao extremo e isto implica danar ao resto de compañeiros.




4. El viaje de Said:

Coke Riobóo dirixiu en 2006 esta curtametraxe musical de animación feito con plastilina. Nel exponse o problema da inmigración, e tamén quere educar en valores como a solidariedade.

                                                       









5. La flor más grande del mundo:

A curtametraxe ‘A flor máis grande do mundo’ está baseado nun conto escrito polo Premio Nobel de Literatura José Saramago. Dáse a circunstancia de que este curto (elaborado co técnica stop- motion) conta coa colaboración do propio Saramago que pon voz á historia que se conta e, ademais, ten o seu propio personaxe. Nela faise un chamamento á solidariedade e as relacións humanas, nun mundo onde a falta de ideais, o egoísmo ou o individualismo prevalecen por encima doutros sentimentos.






6. El circo de las Mariposas:

Interesante proposta que, seguramente, chamará a atención dos estudantes. Valores como o respecto ou a dignidade son tratados nesta curtametraxe que tamén expón outros medos e temores aos que todos (nalgunha que outra ocasión) tivemos que facer fronte: a necesidade de sentirse aceptados polos demais, romper coas barreiras que moitas veces poñémonos nós mesmos e que nos impiden alcanzar os nosos desexos…







7. El cazo de Lorenzo:


Educar na diversidade. Este é a mensaxe que transmite a curtametraxe ‘O Cazo de Lorenzo’, unha proposta baseada no conto da escritora Isabelle Carrier: relata a vida de Lorenzo, un neno de pouca idade e diferente aos demais que un día descobre que as persoas boas tamén existen. O cazo de cor vermella que sempre lle acompaña representa as dificultades e os obstáculos para vencer.






8. Por cuatro esquinitas de nada:

A mensaxe que transmite é similar ao que arroxa ‘O Cazo de Lorenzo’: aceptar ás persoas que, por un motivo ou outro, son diferentes a nós. Hai que ser tolerantes e solidarias con elas e integralas no noso ambiente, non cambiar a súa forma ou maneira de ser. Neste caso, os seus protagonistas non son persoas senón figuras xeométricas; en concreto, un cadrado e varios círculos.







9. The Lost Thing:

En 2011 esta cinta conseguiu o Óscar ao mellor curto animado. É unha chamada de atención ao estilo de vida que levamos e que, moitas veces, non nos deixa ver o que lle ocorre ás persoas que temos ao redor, os seus problemas… 






10. Destiny:

O curto de animación Destiny é obra de catro alumnos da escola francesa Bellecour Ecoles d’art: Fabien Weibel, Sandrine Wurster, Victor Debatisse e Manuel Alligné. Visualmente resulta exquisito e a historia expón varias cuestións como o paso do tempo, a posibilidade de cambiar o noso destino, a rutina do día a día, as obsesións que podemos chegar a ter e que nos impiden avanzar… A much@ s lembraravos á película protagonizada por Bill Murray ‘Atrapado no tempo’.






11. The Moon (la luna):
 Este curto da factoría Pixar relata a vida dun neno de pouca idade que ten que empezar a madurar antes do que cre. Un día empezará a traballar co seu pai e o seu avó; a partir dese momento deberá elixir se quere seguir os pasos da familia ou forxar o seu propio destino.




12. Presto:

É outro dos curtos de animación dos estudo Pixar que, nesta ocasión, trata os problemas que se derivan do exceso de ego cun toque de humor e de enxeño.









13. Piper:


Unha preciosa historia na que vemos á pequena ave conseguir as súas metas e facerse «maior» e independente baixo a atenta mirada dunha nai que lle deixa crecer, cometendo fallos e sen merodear todo o tempo ao redor dela. Unha nai que sempre está aí para os seus fillos, pero dándolles o espazo necesario para crecer.






14. For the birds:


Este curto de Pixar aborda o tema do respecto ás diferenzas desde unha perspectiva diferente e, sobre todo, moi divertida. A historia convida os nenos a reflexionar sobre a importancia de respectar a todos por igual, á vez que lles ensina a ser máis tolerantes e empáticos con quen lles rodea. É un verdadeiro chamado de atención sobre a discriminación, a exclusión e os estereotipos.











 
 
DEREITOS DOS NENOS:




1. Os nenos teñen dereitos:






2. Dereito á participación:





3. Eu quero aprender:
















RECURSOS VARIOS:






CANTAMOS:



A BAILAR!!!


 
 
 
A  PRÓXIMA ESTREA DA  SEMANA QUE VEN (ver pantalla de cine na entrada do cole)  DEIXAREMOS MÁIS PELICULAS RELACIONADAS CON ESTOS TEMAS. 
ESPERAMOS QUE SEXAN DO VOSO AGRADO.
 
 
E XA PARA REMATAR ACORDÁDEVOS QUE ESTA SEMANA REMATA O PRAZO PARA PARTICIPAR NO CONCURSO FOTOGRÁFICO.
 
 
BICOS E APRETAS DE CASTELAO, PÉREZ E DO EQUIPO DE BIBLIOTECA.







No hay comentarios:

Publicar un comentario