viernes, 16 de octubre de 2020

UNHA PROPOSTA DE CINE

 Ola, nenos e nenas!!!

Aquí estamos un venres máis convosco.


Que tal a visita de Mafalda?, gustouvos?. 

Imaxino que sí e agardamos que fixerades algunha das actividades propostas na publicación da homenaxe a Quino e Mafalda.


Unha pregunta.... Xa sabedes cal é o tema que imos traballar este ano? (na primeira publicación do blog deste curso deixamos unha boa pista).

Pois moi ben!!!,  acertáchedes, é O CINE.

Así que a proposta deste venres é un ...




Queredes saber en que consiste?. Pois moi atentos e atentas.


QUE TEMOS QUE FACER?:

Durante este curso ides ser guionistas, productores/as, diseñadores/as, actrices e actores, técnicos de son e incluso algún ou algunha  Steven Spielberg.

A idea é que toda a clase gravades un curto, elaboredes un musical ou fagades cine mudo... co tema que queirades.

Para isto tendes que preparar o guión, os personaxes, os decorados, o vestiario, a maquillaxe ,...e unha vez que todo isto estea preparado,ensaiar a reo e gravaros.



COMO O GRAVAMOS?:

Podedes empregar tablets, teléfono o calqueira dispositivo.




DATA LÍMITE:

Tendes prazo ata o 14 de maio para gravar o voso curto cos compañeiros e compañeiras da clase (pode ser en pequenos grupos ou en gran grupo, iso tédelo que decidir coa titora)



A ONDE O ENVIAMOS?:

Ao correo da biblio bibliopombalcastelao@gmail.com

(se pesa moito falade con Sara ou con Montse)



Unha vez entregados todos os curtos, subirémolos ao blog e teremos a nosa particular entrega dos Óscar onde haberá unha entrega de premios para os mellores.


                                               






No hay comentarios:

Publicar un comentario