sábado, 24 de octubre de 2020

24 de outubro DÍA DAS BIBLIOTECAS

Hoxe é 24 de outubro, día das bibliotecas. Normalmente por estas datas temos todo preparado para a súa inauguración física, mochilas viaxeiras a punto, a formación de voluntarios dos alumnos de 5º e 6º xa realizada (aproveitamos para destacar o fundamental que é o seu labor), comezan os préstamos de libros, as visitas á biblioteca na súa hora diaria (que ademais este ano está un pouco diferente), empezamos con prestámolos externos, o club de lectura, o bibliocarro, as sesións de teatro, os recreos bibliotecarios...


Pero este ano debido a esta situación tan extraordinaria adiantamos a súa inauguración, pois aínda que non estamos fisicamente, Castelao e Pérez non paran de traballar, de buscar actividades, retos, concursos (que os haberá), recomendacións lectoras e un sen fin de cousas, pero este ano funcionamos de forma virtual a través deste blogue, pois queremos que todos levemos a cabo o lema
#euquedonacasa, esperando que dunha vez por todo o  COVID desapareza das nosas vidas e podamos volver gozar, dos abrazos, os bicos, da biblioteca como espazo, as excursións...


Xa sen máis nos despedimos, esperando os vosos tráileres de medo ao longo desta semana. ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR.





No hay comentarios:

Publicar un comentario