Agora sí, con esta imaxe querémosvos desexar unhas felices vacacións, que descansedes en familia e por que non acompñados dun bo libro, Vémonos en Setembro coas pilas mais que cargadas
CASTELAO NO POMBAL
TRAS AS PEGADAS DOS LIBROS
viernes, 19 de junio de 2026
jueves, 18 de junio de 2026
RECOMENDACIÓNS LITERARIAS PARA O VERÁN
Ola de novo familias! hoxe querémosvos deixar algunhas recomendacións literarias para este longo e merecido descanso. Non olvidedes que as aventuras do verán tamén atópanse nos libros, así que dende o ceip pombal convidámosvos a ler, soñar e gozar do verá
.
miércoles, 17 de junio de 2026
AGASALLOS AO GAÑADORES
Ola familias, xa queda moi pouco para finalizar este curso escolar e por tal motivo ao longo desta semana estanse a repartir os agasallos ao alumnado que supeoru todos e cada un dos retos da biblioteca. Noraboa a todas e todos!
miércoles, 3 de junio de 2026
CAMBIOS NA BIBLIO
Ola familia, ainda que o curso está a piques de rematar a biblioteca segue en constante evolucióne e tras escoitar o noso alumnado xa hai un pouquiño de tempo que fixemos algunhas mellorías pero isto soamente acaba de comezar. Queremos seguir dandolles o que eles piden e por conseguinte continuar mellorando os nosos espazos, favorecendo á seguiridade, tranquilidade e porsuposto que melloren a calidade da lectura.
Nesta ocasión levamos a cabo unhas pequenas mobilizacións no mobiliario, creacción dun recanto TIC e mesa de luz, zona de xogos accesible, recanto de traballo en equipo e por suposto de lectura distendida. A todo isto cuns novos carteis da CDU que favorecen á busca dos libros que desexen.
CONTINUARÁ....
lunes, 1 de junio de 2026
reto música e danza!
Ola familias! Como sabedes o mes de Maio e xuño temos o reto da música e da danza! Por aquí deixamos unha das nosas pezas coa que gozamos coa composición, a arte e o baile.
Desexamos que nas vosas casa tamén esteades gozando en familia deste momento tan lúdico
domingo, 31 de mayo de 2026
SAÍDA Á BIBLIOTECA XOSÉ NEIRA VILAS
O longo de todo este curso, o alumnado do CEIP Plurilingüe O Pombal, poidemos desfrutar da biblioteca municipal Xosé Neira Vilas , coñecendo ben de cerca este servizo que temos a nosa disposición. Grazas!
lunes, 18 de mayo de 2026
Animación da man de Antonio García Teijeiro

lunes, 11 de mayo de 2026
CONCURSO "O Parque Nacional coa Escola"
O alumnado de segundo aceptou o reto e participou no concurso "O Parque Nacional coa Escola" do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e foi premiado cunha visita guiada á Illa de Ons cos guías do parque nacional o día 30 de abril.
Os contos premiados elaboráronse de xeito colectivo e neles participou o alumnado e as familias.
Os traballos están expostos no Centro de Visitantes do Parque Nacional de Vigo (rúa Oliva 3).
Adxuntamos como mostra un dos contos: "Lúa e os seus amigos mariños", que está elaborado con diferentes técnicas e inclúe unha maqueta dos personaxes do conto.
sábado, 9 de mayo de 2026
NOVO E ÚLTIMO RETO DESTE CURSO TAN ARTÍSTICO!
Castelao e Sr. Pérez volveron facer das súas e de novo pasaron polas nosas aulas deixándonos en primeiro lugar unhas palabras fermosos de agradecemento por todo o traballo realizado ó longo do curso.
E ademais, deixáronnos...
🎨🎶 O último reto da biblioteca! 🎶🎨
Este mes ímolo festexar a modo festival de música e danza. Para iso propoñémosvos gozar creando en familia: mergullámonos no universo de Wassily Kandinsky, onde as cores soan e a música se pode ver.
Podes investigar e desfrutar e para rematar, podedes xogar en Google Music Lab… e deixa voar a imaxinación! 🎵✨

Animádevos a participar e a pasar unha tarde diferente chea de ritmo, cor e imaxinación! ‼️🥳 ✨
viernes, 8 de mayo de 2026
NOVAS RECOMENDACIÓNS!
E seguen chegando recomendacións do noso alumnado....mais bookstelaos á vista!
"Los reptiles"
martes, 5 de mayo de 2026
RETO ABRIL.....MAIS RECOMENDACIÓNS!!
Que contentas estamos.....temos un alumnado de matrícula!!!!
Aquí vos deixamos mais recomendacións de lectura.
miércoles, 29 de abril de 2026
CONTINUAN CHEGANDO RECOMENDACIÓNS!!
Hoxe deixamos outras 3 recomendacións!
Abride ben as orellas e os ollos para no perdervos nada do que nos din.
jueves, 23 de abril de 2026
DÍA DO LIBRO
Que mellor maneira de festexar o día do libro coas recomendacións dos nosos pequenos grandes lectores do cole?
Aquí vos deixamos algunhas delas:
QUIEN SOY?
miércoles, 22 de abril de 2026
SABELA GAGO
A semana pasada rematamos coa visita de Sabela Gago, unha actriz teatral, mestra, contacontos e animadora de lectura infantil.
Presentou ao alumnado de 4°EP o seu conto estrela: "As tres galiñas e o rei" sen antes facer unha animación entre o alumnado para atraer a súa atención e centralos na posterior escoita a través de xogos de expresión oral.
Finalmente, Sabela estableceu un pequeno diálogo co alumnado no que se fixo alusión a roles de xénero así como aspectos de igualdade tratados no conto.
martes, 21 de abril de 2026
XORNAL DO COLE "POMBALEDUCA"
No mes de Marzo, como sabedes celebramos a semana da prensa, onde cada aula realizou diferenets tarefas en relación aos xornais, dende instalacións artisticas dalguns dos mais pequenos e motricidade fina ata grandes noticias.
Dende a biblioteca quixemos levar a cabo o noso propio fascículo que leva por nome "POMBAL EDUCA". Neste tomo participou todo o centro educativo. Cada aula escolleu unha muller relevante na historia, na ciencia, na arte ou noutros ámbitos, co obxectivo de darlle visibilidade ao papel das mulleres na sociedade.
O alumnado tivo que investigar sobre a súa vida e obra, buscar información en diferentes fontes, analizala e seleccionar os datos máis importantes. Despois, con toda esa información, elaboraron unha noticia xornalística sobre a muller escollida, traballando así a expresión escrita e o formato informativo.
Finalmente, coas noticias creamos o noso propio xornal que podedes atopar aquí abaizo e se o queredes ter nas vosas mans, na entrada do noso cole, no novo recanto de espera.
Unha vez mais levamos a cabo unha actividade colaborativa e enriquecedora para todo o alumnado.
lunes, 20 de abril de 2026
HOXE CONVIDAMOS A....
O xoves pasado tivemos a sorte de contar con Miguel Alonso Díaz con quen desfrutamos da súa obra Axencia Galega de asuntos máxicos e puidemos coñecer de primeira man o proceso creador desta marabilla de libro.
Un auténtico pracer de gozar desta experiencia
domingo, 19 de abril de 2026
RETO DE ABRIL---- LITERATURA
Esta semana Ratonciño Pérez e mais Castelao volveron facer das súas e tras o susto que nos deron petando forte nas portas deixáronnos este penúltimo reto. Nesta ocasión contamos coa arte da Literatura conmemorando así o día do libro. A primeira parte do reto o faremos todos xuntos nas aulas, pero se alguén quere, na súa casa, poderá escribirnos unha pequena recomendación do seu libro favorito. Animádevos a compartir novos títulos, non hai mellor cousa que difundir saber, transmitir coñecementos e aportar experiencias! 📚✨
sábado, 18 de abril de 2026
apadriñamento lector
Moi boas!
O mércores por fín puidemos levar a cabo o apadriñamento lector que se ía a celebrar por Rosalía, pero por motivos varios foise atrasando, pero non pasa nada, que para celebrar sempre hai tempo e ganas, e para ler moito máis.
Ademais xa estamos no mes do 📕 día do libro 📕así que con máis motivo festexámolo. O ambiente do cole foi un auténtico luxo e pracer. Sigamos desfrutando da lectura 📖📚✨
viernes, 17 de abril de 2026
RETO DE MARZO ...SUPERADO!
Olaaa!!! Aquí está unha pequena mostra das obras feitas polo noso alumnado superando así o reto de Marzo relacionado coa pintura.
Non hai reto que se nos resista!!
jueves, 9 de abril de 2026
NOVO RECANTO NA ENTRADA
Ola familias! Xa estamos de volta e querémosvos ensinar algúns cambios.
📚✨ NOVO RECANTO NA ENTRADA ✨📚
Dende a biblioteca creamos un pequeno espazo pensado para as familias 💛
Mentres esperades, podedes:
👉 Descubrir as novidades da biblio
👉 Botar unha ollada aos libros creados polo noso alumnado.
Un recanto para facer a espera máis doce e, ao mesmo tempo, compartir todo o que traballamos nas aulas 📖🎨
Agardamos que vos guste… e que o desfrutedes moito! 😊
lunes, 30 de marzo de 2026
EXTRA EXTRA! A PRENSA CHEGA!
O Venres, con motivo do mes da prensa fixemos o noso tradicional Kiosko da man de Farodevigo.
Grazas a esta actividade queremos continuar fomentando a lectura diaria acercando ó alumnado ós xornais e desenvolver neles o hábito de informarse, entender a actualidade, desenvolver o pensamento crítico e como non, preparar para a vida real, aprendendo habilidades prácticas como a compra - venta e a adquisición de bos modales nas relacións sociais.
miércoles, 25 de marzo de 2026
VISITA DE IRIA MISA
Hoxe, as nenas e nenos de 6º EP puideron desfrutar da escritora Iria Misa xunto o seu libro "Unha veciña de película" ocal nos previamente xa o leramos.
Foi un encontro onde aprendimos de primeira man por que escribiu este conto, relatounos curiosidades e despois puidemola encher de preguntas.
Unha xornada cun moi bo "sabor de letras"
Moitas grazas pola visita
!!













.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)


.jpeg)

.jpeg)




.jpeg)

.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)


.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)



.jpeg)
.jpeg)