Agora déixovos as últimas actividades deste curso:
Rematamos o mes de maio cunha actividade onde as grandes protagonistas foron tres nais que teñen aos seus fillos en infantil 5 anos A.
As tres son de Colombia e viñeron a contarnos un pouquiño sobre o seu país, explicaron o significado das cores da súa bandeira e leron un conto típico de Colombia: BIBLIOBURRO.
Despois entre todos, pintaron a bandeira coas súas mans.
Para rematar, trouxeron un postre típico dalí: ensalada de froita para todos/as.
De agasallo ao alumnado, trouxéronlles unha lambonada colombiana.
ANIMACIÓNS
CONCHA BLANCO co seu libro "Eu tamén fun pequena" que pasou un rato co alumnado de 3º de primaria.
A seguinte visita foi para os nenos e nenas de 4º de primaria:
RAFAEL ORDÓÑEZ co libro "El tesoro del dragón".
  |
LENDO O LIBRO PARA CANDO NOS VISITE O SEU AUTOR |

POMBALEIROS/AS EN FORMA:
Coas leitugas que plantaron no horto, os peques de 4 anos fixeron unhas merendas moi saudables.
Son moitas as cousiñas que escribíchedes nos cadernos de Bitácora das mochilas viaxeiras. A verdade é que estades ben en forma.
Aquí vos deixamos algúns exemplos.
PASAMOS LISTA NA CLASE:
PROXECTO FEITO POLO ALUMNADO DE INFANTIL 4 ANOS:

4º B manténse en forma