lunes, 4 de marzo de 2024

RECREOS BIBLIOTECARIOS

Xa están de volta os recreos bibliotecarios. A profe Montse é a encargada de preparar e levar a cabo unha serie de actividades dinámicas e entretidas para a rapazada de 6º de Primaria que, voluntariamente, prefira pasar ese tempo de ocio na biblioteca. 

Será todos os venres na hora do recreo e na hora de ler e, cada dúas semanas cambiarán as propostas.

A actividade comezou este venres 1 de marzo, con xogos de mesa tan interesantes como o xadrez e as carreiras de letras.






Interesante proposta, verdade?

Pois, continuará...


No hay comentarios:

Publicar un comentario