lunes, 4 de marzo de 2024

MALETAS VIAXEIRAS QUE CHEGARON A OURENSE E Á CORUÑA

Lembrades as maletas viaxeiras que decoramos e mandamos polo mundo adiante? Pois hai uns días, os nenos e nenas de 3 anos B pensaron en enviar maletiñas viaxeiras por correo a outros colexios, para que chegaran moi lonxe e viaxaran nas sacas de reparto de correos.

Pois dito e feito!!! Sobrábanlles 2 maletiñas, así que decidiron mandar unha a A Coruña, ao CEIP plurilingüe María Barbeito e Cerviño e a outra a Ourense, ao CEIP O Couto. Na clase meteron as maletas nos sobres, un verde e outro azul, a profe escribiu o enderezo, puxeron o selo de correos e, para rematar, pecharon os sobres. Logo metéronse nun buzón de correos. E, a esperar!!!




A semana pasada chegaron as cartas ao seu destino, e tivemos resposta ás dúas cartas!!!!

As profes, Marita e Carolina, e os nenos e nenas das súas clases, quedaron encantados e moi sorprendidos, pois encantáronlles a maletas e as fermosas e máxicas palabras que levaban escritas en moitos idiomas: grazas, perdoar, paz, amigo....


Eiquí tedes as respostas ás nosas cartas.











Moitas grazas profe Marita e profe Carolina, que, aínda que agora estades en outros coles lonxe do noso, non vos olvidamos e estaredes sempre nos nosos corazóns.
A ver se conseguimos que as nosas maletas cheguen moi lonxe coa vosa axuda.



No hay comentarios:

Publicar un comentario