miércoles, 13 de marzo de 2024

SEMANA DA PRENSA: O NOSO QUIOSCO

Todos os anos, durante a semana da prensa, montamos o noso particular quiosco, no que vendemos o xornal Faro de Vigo polo módico precio de 1€. Este curso tocou o mércores 6 de marzo, e todo o alumnado e profesorado que o desexou, puido adquirilo ao longo da mañá. 

A clientela arremolinouse a carón do quiosco desexando non perder este ofertón, éso sí, con moita orde e educación.

As quiosqueiras foron: as profes Montse, Olga e Bego.

Estas son algunhas imaxes dos diferentes cursos que foron pasando e "posando" cos seus xornais.






























Ah, durante estes días tamén estivemos aprendendo e traballando nas aulas sobre a prensa diaria e elaborando entre todos-as o noso propio xornal, con todas as súas seccións.




Velaquí o resultado do noso traballo!
Fai clic na imaxe para ver o xornal completo.



Ademáis este curso debido ao noso proxecto das viaxes: "Pombaleiros/as polo mundo" contactamos con distintas embaixadas de varios países e doáronnos xornais, revistas, dípticos,...
E... así quedou a nosa mesa de exposicións!
As embaixadas responderon moi positivamente a participar connosco nesta colaboración.
Eiquí o resultado.







Nesta exposición tamén poderedes atopar "O xornal do Pombal" elaborado por todo o alumnado da escola onde cada curso creou a súa propia sección.


No hay comentarios:

Publicar un comentario