O xoves 16, a protectora Os Biosbardos estivo cos máis peques do cole contándolles un pouco sobre o traballo que están a facer no refuxio.
Para 5º e 6º, o voluntariado do Banco de Alimentos de Vigo , explicoulles aos máis maiores do cole, a importancia de poñerse na pel das persoas máis necesitadas para lograr así unha igualdade social.
E agora ... déixovos o vídeo do mercadillo:
O martes 21 o alumnado de 4º A representou unha obra de teatro ao alumnado de 5 anos e a 1º de primaria .
Aquí temos a Artur e Clementina!!!
Despois da actuación, unhas tartarugas de agasallo para estas actrices e actores tan experimentados.
Lupe (4ºA) transcribiu todo o libro de Arturo e Clementina a braille. En agradecemento deste esforzo, a biblio agasallouna con diferentes papeis de texturas e material para que poida facer os seus propios textos en braille.
E PARA REMATAR...
DEIXAMOSVOS UNHAS RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN 2022.
O Equipo da biblioteca, desexámosvos a todas e a todos un ...
No hay comentarios:
Publicar un comentario