Pechamos as animacións por este curso coa visita de María Canosa.
Os nenos e nenas de 2º de primaria traballaron o seu libro: " O día que choveu ao revés"
e o alumnado de 4º de primaria, "Rubicundo".
E agora ...
Xa vos fixastes nos carteis que puxemos polos corredores, baños, portas etc... anunciando a IV Feira do Libro do cole?
Este ano imos facer un mercadillo solidario, colaborando coa protectora de animais Os Biosbardos e o Banco de Alimentos de Vigo.
O alumnado de 6º na hora do recreo coa profe Montse, clasificou os libros por idade e contou cantos hai, xa que a cambio de comida para a protectora ou o banco de alimentos, poderedes levar tres libros.
Con que podedes colaborar?
PARA A PROTECTORA:
PARA O BANCO DE ALIMENTOS:
PODEDES COLABORAR COAS DÚAS ORGANIZACIÓNS SE QUEREDES
As familias que queiran, poderán intercambiar comida por libros no porche da entrada de Ramón Nieto de 14:00 a 14:30.
ANIMÁDEVOS, É POR UNHA BOA CAUSA!!!
Xa empezaron a deixarnos os primeiros carteis para anunciar o mercadillo.
Xa empezaron a deixarnos os primeiros carteis para anunciar o mercadillo.
Atentos e atentas ás paredes do cole.
Noraboa! Encantoume o video do mercadillo solidario! Que boa idea e que bo traballo!
ResponderEliminar