sábado, 11 de junio de 2022

SEMANA DO 6 AO 10 DE XUÑO

Esta semana tivemos dúas animacións.
O luns día 6, viu ao cole Iago López, acompañado de Marosa e Mariña.
Alí contounos a historia de estas peregrinas e o que lle pasou ao botafumeiro.
Mirade que ben o pasou o alumnado de Infantil e 1º de primaria.














                       


                               




E o venres 10, tocoulle aos nenos e nenas de 3º de Primaria disfrutar de Olaia Sendón e da Crebeira Marabillas.





Este é un libro inspirado nos recordos da autora de cando os nenos xogaban a facerlle a guerra o mar no areal de Sardiñeiro, “mentres un señor percorría a praia na procura de tesouros”.




Toda a rapazada leu o libro e traballo sobre o seu contido,buscando no dicionario o significada de palabras, buscando nos mapas os lugares que nomeaban, escribindo cartas como Marabillas,...












Mural feito entre todos utilizando a técnica do collage.


                      











Aqui podedes ver algunhas fotos da animación a lectura:






                                                     










                                    





      














Tamén entregamos os premios aos participantes dos retos quincenais que propuxemos dende a biblioteca.
Para todos e todas as participantes, unha chapa co logo da nosa biblio e para os nenos e nenas que participaron en todos os desafíos, un agasallo especial: UN LIBRO.


XELA 1º B


MARTÍN 2º A






ANA 4º A

DAVID 4ºB








Para os voluntarios bibliotecarios (dende 4º a 6º de primaria), houbo unha libreta da Asesoría de Bibliotecas Escolares.



   






No hay comentarios:

Publicar un comentario