miércoles, 31 de mayo de 2023

Sementamos futuro no Pombal

Nesta entrada imos facer unha recopilación dos traballos que fixeron a rapazada coa PDI deste ano "Sementamos futuro no Pombal".

A rapazada de Infantil e o 1º curso de Educación Primaria participan no programa Emociona-T, e fixeron o recuncho da calma a través do lema "como te sentes hoxe?



 Tamén todo o alumando do centro encargouse de plantar no noso horto : leitugas, tomates, amorodos, pementos como podedes ver na seguinte imaxe:



lunes, 29 de mayo de 2023

Trémola teatro

Hoxe a rapazada de 3º de Primaria tivo a oportunidade de gozar da actuación de Trémola Teatro, grazas ao contrato-programa Iguala-T.

Nesta animación desmitificaron oficios considerados de homes e mulleres e mostraron a rapazada que poden ser libres de escoller o que máis lle gusten.

sábado, 27 de mayo de 2023

Animación de Chus Lago

Onte tivemos a oportunidade de contar con Chus Lago unha alpinista viguesa. 

O 26 de maio de 1999 a viguesa conseguía chegar ao Everest soa e sen osíxeno artificial. Este 26 de maio de 2023 celebrou o aniversario de tal feito...visitando o noso colexio!

Fixoo para compartir a mañá co alumnado de 5º de Primaria que este curso traballou o seu libro " Fata y los fantasmas del Everest", que mestura ficción, aventura e coñecementos reais sobre escalada, facendo que a rapazada descubrira un mundo máxico.

Aproveitando a súa visita fixémoslle unha entrevista para a Radio Pombal Castelao e de seguido comenzou a falar de famosas expedicións, pasando a contar a súa propia experiencia persoal na expedición ao Everest sen osíxeno artificial.

O acto rematou coa alpinista e escritora asinando no libro de honra da Biblioteca e colocando a súa estrela no Paseo de Fama.

Moitas grazas pola túa visita e disposición esperamos verche pronto de novo pola nosa biblioteca!

viernes, 26 de mayo de 2023

Caderno de bitácora

Ola rapazada do Pombal! Imos enseñarvos o moito que traballástedes nos cadernos de bitácora que van nas mochilas viaxeiras.

Esperamos que o disfrutedes!
































martes, 23 de mayo de 2023

DESAFIOS 6

 Ola, xa estamos eiquí de novo.

Chegamos ao derradeiro desafío deste curso, así que, como o prometido é débeda, xa temos preparados os agasallos sorpresa para as nenas e nenos que participastes en todos os desafíos que vos propuxemos....xa falta pouquiño!!!

Imos xa coas respostas correctas dos desafíos número 5.


         RESPOSTAS DESAFÍOS NÚMERO 5

                           DESAFÍO VERDE                     


                       DESAFÍO AMARELO

                          

                          NOVOS DESAFÍOS   

                            DESAFÍO VERDE                       

                        DESAFÍO AMARELO



O prazo para que resolvades este novo reto remata o venres 2 de xuño...xa sabedes o que tedes que facer. Esperamos as vosas respostas.



                         



miércoles, 17 de mayo de 2023

Día das Letras Galegas

O pasado mercores día 16 de Maio celebrouse no cole o día das letras galegas onde alumnado de diferentes cursos de Educación Primaria nos deleitaron con muiñeiras, cancións tradicionais como a saia da carolina etc,que podedes observar nos seguintes vídeos: 





 Todo o alumnado do centro estas semanas estiveron traballando o autor homenaxeado  Francisco Fernández del Riego .
Tamén elaboramos un " dicionario colaborativo" para poñer en valor a beleza da lingua. Traballouse con palabras tipicamente galegas para que a rapazada creara frases fermosas. 
Si clikades na imaxe do mural tedes o enlace ao blog de normalización lingüística do cole. 





domingo, 14 de mayo de 2023

Animación María Canosa

 O pasado venres tivemos de novo a oportunidade de gozar de María Canosa pero está vez para o alumnado de 1º de Primaria co libro "O día que choveu do revés".

Foi unha experiencia moi enriquecedora xa que a rapazada poido resolver as súas dúbidas  na primeira parte da animación. Despois a autora fixo unha pequena animación e finalmente asinou os libros.

Moitas grazas María pola túa compañía! Esperamos poder verche pronto outra vez!

lunes, 8 de mayo de 2023

DESAFÍOS 5

Ola de novo. 

Gustouvos o agasallo sorpresa que vos preparamos?


              

                      

Pois esperamos que servira para animarvos a participar no seguinte desafío, xa o número 5 deste curso.

Pero antes imos coas respostas do número 4 verde e amarelo.


        RESPOSTAS DESAFÍOS NÚMERO 4

                         DESAFÍO VERDE

                             

DESAFÍO AMARELO

NOVOS DESAFÍOS

DESAFÍO VERDE
                  
                        DESAFÍO AMARELO

O prazo remata o venres 19 de maio.

Vémonos en 15 días cos desafíos número 6.



jueves, 4 de mayo de 2023

Padriños lectores

Hoxe por fin despois de anos de corentena puidemos gozar da actividade dos padriños lectores.

A rapazada de 4º,5º y 6º de Primaria semanas antes dedicouse a coñecer aos seus afillados e afilladas.

Pola contra, Infantil, 1º,2º,3º de Primaria prepáranronlles uns marcapáxinas con toda a ilusión para agasallar aos seus padriños e madriñas.

Foi unha gran experiencia para todos/as e quedamos con ganas de repetir!!


Revisade tamén o blog de normalización lingüística do noso cole xa que o galego estivo presente nesta actividade tan chula clicando na imaxe: 

Animación Jorge Campos

O pasado martes día 2 visitounos o ilustrador Jorge Campos para 2º de Primaria.

Traballaron xunto a él o libro que leron "Capitán Lentella". Aventura a todo gas ensinándolles a debuxar algúns personaxes do cómic.


Moitas grazas Jorge pola túa visita!  Xa estamos a esperar verche outra vez!!

domingo, 30 de abril de 2023

Animación de Sara Laya

Onte Infantil tivo a oportunidade de poder contar coa animadora Sara Laya. 

A rapazada quedou asombrada xa que Sara trouxo varias caixas de onde saía creatividade, aprendizaxes, fantasía e por suposto moitas historias!!!.

Moitas grazas pola túa visita, foi un verdadeiro pracer. Esperamos verche pronto!

jueves, 27 de abril de 2023

Obradoiro de radio

 Hoxe a rapazada de 5º de Primaria tivo a sorte de contar con Pedro Iglesias que asistiu a formación de radio.

Aprenderon aspectos básicos de radio que logo plasmaron nunha gravación. Tamén aprenderon a editar co programa Audacity.

Moitas grazas Pedro pola túa visita!!! Vémonos pronto!

domingo, 23 de abril de 2023

Visita de Manuela Varela

O pasado venres tivemos o pracer de contar coa animadora e actriz Manuela Varela.

Está animación sae do contrato-programa Iguala-T no que están a traballar o alumnado de 3º e 4º de Primaria.

Estiveron reflexionando sobre o que se considera machismo, igualdade...dando exemplos concretos de actuacións que se inclúen dentro disto.

Tamén estiveron gozando da súa gran actuación e relato de dous libros: " Daniela pirata" e "vivan as uñas de cores!

Moitas grazas Manuela Varela por vir o noso cole! 


Aquí tedes un par de vídeos do transcurso da animación.



sábado, 22 de abril de 2023

O XORNAL DO POMBAL

Como vos comentamos anteriormente todo o alumnado elaborou un xornal común. Aquí podedes ver o resultado!

Tamén atópase en formato dixital se clicades na imaxe.


Gózalo!!

Semana do libro

Como ben sabedes esta semana celébrase o día do libro! Nós faremos a activdade dos padriños lectores o luns 24 de abril.

Nesta semana os padriños e madriñas xa están a coñecer aos seus afillados.

Convidámosvos a ir a dar un un paseo ao Pazo da Cultura en Pontevedra para ver o XXIV Salón internacional do libro infantil e xuvenil.

Tedes dende o 21 de abril ao 7 de maio para ir.

Se clicádes na imaxe tedes a ligazón con todo o programa!

domingo, 16 de abril de 2023

DESAFÍOS 4

 Bo día, despois das vacacións de Semana Santa,  voltamos con novos desafíos, os número 4.

Pero nesta ocasión con............... AGASALLO SORPRESA PARA OS PARTICIPANTES.

Así que xa sabes, non esperes máis, "cómete o coco" un pouco e participa. Lembra poñer ben clariño o teu nome e apelidos e o teu curso para poder recibir o teu agasallo sorpresa.

Pero, como sempre,  imos antes desvelar as respostas correctas dos desafíos número 3. 


          RESPOSTAS DESAFÍOS NÚMERO 3
                         
                            DESAFÍO VERDE 

DESAFÍO AMARELO

NOVOS DESAFÍOS

DESAFÍO VERDE

DESAFÍO AMARELO 

                O prazo remata o venres 28 de abril.                                       

sábado, 1 de abril de 2023

Encontros Santiago

Rematamos ó trimestre en Santiago nos encontros de bibliotecas escolares!!

Foi unha xornada chea de experiencias tanto de profesionais como de centros educativos.

Ademais tivemos a oportunidade de compartir un xantar con todos os coordinadores de biblioteca dos distintos centros de Galicia que forman parte do PLAMBE.

Vémonos a volta!

jueves, 30 de marzo de 2023

Biblioteca Neira Vilas

Rematamos o trimestre indo á nosa biblioteca favorita!!!

Sempre o pasamos fenomenal !!! Mirade!

miércoles, 22 de marzo de 2023

Animación co Hematocrítico "Feliz Feroz"

Onte, día 21 de marzo, visitounos o Hematocrítico para o alumnado de 1º de Primaria co seu libro "Feliz Feroz".

Foi unha experiencia moi enriquecedora, xa que falou de como empezou a escribir, da orixe dalgunhas das súas tramas, das ilustracións...

Unha vez máis moitas grazas esperamos volverche a ver pronto na nosa biblioteca.

domingo, 19 de marzo de 2023

Repesca de xornais!

Como o prometido é débeda eiquí está o alumnado de 3 anos de Infantil e 5º e 6º de Primaria mercando o xornal.

Así damos por finalizada a semana da prensa... Pero seguide atentos porque estamos elaborando un xornal propio entre todo o alumnado do centro.

Pronto veredes o resultado final. Ficade atentos!!!