Onte tivemos a oportunidade de contar con Chus Lago unha alpinista viguesa.
O 26 de maio de 1999 a viguesa conseguía chegar ao Everest soa e sen osíxeno artificial. Este 26 de maio de 2023 celebrou o aniversario de tal feito...visitando o noso colexio!
Fixoo para compartir a mañá co alumnado de 5º de Primaria que este curso traballou o seu libro " Fata y los fantasmas del Everest", que mestura ficción, aventura e coñecementos reais sobre escalada, facendo que a rapazada descubrira un mundo máxico.
Aproveitando a súa visita fixémoslle unha entrevista para a Radio Pombal Castelao e de seguido comenzou a falar de famosas expedicións, pasando a contar a súa propia experiencia persoal na expedición ao Everest sen osíxeno artificial.
O acto rematou coa alpinista e escritora asinando no libro de honra da Biblioteca e colocando a súa estrela no Paseo de Fama.
Moitas grazas pola túa visita e disposición esperamos verche pronto de novo pola nosa biblioteca!
No hay comentarios:
Publicar un comentario