O pasado venres tivemos o pracer de contar coa animadora e actriz Manuela Varela.
Está animación sae do contrato-programa Iguala-T no que están a traballar o alumnado de 3º e 4º de Primaria.
Estiveron reflexionando sobre o que se considera machismo, igualdade...dando exemplos concretos de actuacións que se inclúen dentro disto.
Tamén estiveron gozando da súa gran actuación e relato de dous libros: " Daniela pirata" e "vivan as uñas de cores!
Moitas grazas Manuela Varela por vir o noso cole!
Aquí tedes un par de vídeos do transcurso da animación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario