O pasado mercores día 16 de Maio celebrouse no cole o día das letras galegas onde alumnado de diferentes cursos de Educación Primaria nos deleitaron con muiñeiras, cancións tradicionais como a saia da carolina etc,que podedes observar nos seguintes vídeos:
Todo o alumnado do centro estas semanas estiveron traballando o autor homenaxeado Francisco Fernández del Riego .
Tamén elaboramos un " dicionario colaborativo" para poñer en valor a beleza da lingua. Traballouse con palabras tipicamente galegas para que a rapazada creara frases fermosas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario