Este mes celebramos con moita ilusión a inauguración da Biblioteca Castelao , un espazo renovado, cheo de cor, libros xogos e creatividade. Dentro do proxecto anual " POMBAL-ARTE".
A semana propia da Inaguración oficial do 20 al 24 de Outubro , cada ciclo gozou dunha xornada especial de formación:
Educación infantil e 1º ciclo: Comezaron coa lectura dun conto: El "piojo saltarín en la biblioteca”, unha breve explicación das normas e funcionamiento da biblioteca, e unha divertida busqueda do tesouro na que tiveron que atopar a palabra “ ARTE”.
2ºciclo: Empezaron coa explicación das normas e uso da biblioteca e finalizaron cun vídeo moi molón que se titula" Fantásticos libros voladores del señor Morris".
3ºciclo: Explicación das normas da biblioteca e finalizaron cun escape room moi interesante
Ao finalizar as formacións o alumnado levou un agasallo e cada titor/a un folleto coa ubicación da biblioteca.
O 24 De Outubro cada grupo levou para a aula as súas mochilas , que nos acompañarán durante o curso en novas aventuras lectoras.
Ademáis coincidiendo coa celebración do Samaín en colaboración co equipo plurilingüe preparouse un túnel do terror nos corredores e na propia biblioteca e deixouse á disposición do profesorado material variado para realizar actividades co alumnado e varios expositores con contos relacionados coa temática do samaín.











No hay comentarios:
Publicar un comentario