jueves, 13 de noviembre de 2025

HEMATOFESTI NO COLE!

 

A semana pasada, os nenos e nenas de 4º e 5º de primaria tiveron a sorte de contar coa visita de Maria Lado, unha actriz e escritora marabillosa con moita experiencia, e todo grazas a actividade didáctica organizada por Hematofesti.


María Ledo


Nesta actividade a rapazada poido obervar unha proxección de varios curtometraxes  audiovisuais os cales deron pé para traballar arredor da comunicación, a creación de narracións e ficcións así como tamén a lóxica narrativa.

 

Ao rematar agasalláronnos cuns contos xunto cun xogo creado polo festival para poder ter na biblioteca e continuar desfrutando con creacións narrativas.





No hay comentarios:

Publicar un comentario