Seguro que xa pensabades que este curso non habería desafíos?...pois xa estamos eiquí de novo para que fagades traballar o voso cerebro e, de paso, pasedes un momentiño divertido. Nesta ocasión, e como xa imaxinaredes, tratan sobre as viaxes polo mundo, pois o tema da biblio é "Pombaleiros-as polo mundo".
Cada 15 días haberá dous novos desafíos:
cor VERDE para os máis pequenos do cole, de infantil a 2º de primaria,
cor AMARELA para os máis grandes do cole, de 3º a 6º.
Seguro que xa sabedes como funciona o xogo, pero mellor lembrámosvos as normas:
CANDO?
Cada 15 días publicaranse dous novos desafíos e as solucións dos anteriores. Tamén seredes informados das datas de inicio e fin de cada un.
ONDE?
*Nas corcheiras do cole, situadas estratéxicamente para que todos e todas poidades velas:
Entrada principal do edificio novoBaixada ao comedor
Entrada dereita do edificio antigo
Entrada esquerda do edificio antigo
* Neste blog
* Nas redes sociais da biblioteca e do cole
RESPOSTAS AOS DESAFÍOS
Escribe ou debuxa (según mande o desafío) a túa resposta nun papel de tamaño cuartilla (1/4 de folio). Lembra poñer tamén o teu nome, apelidos e curso na parte de atrás (máis que nada para poder felicitarte e darche o teu agasallo). Meterás a túa resposta na caixa de correos dos desafíos (buzón) que estará na entrada da biblioteca.
Eiquí tes que introducir a túa resposta
Haberá sorpresas a final de curso para os/as participantes.
Estades preparados?
Animádevos a participar
SORTE E MOITA INVESTIGACIÓN !!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario