Ola de novo.
Por fin conseguimos celebrar o Entroido en condicións despois de ter que suspender o pasarrúas por mor do mal tempo. O venres 16 de febreiro desfilamos, como é costume no noso cole dende hai xa 14 anos, polo Paseo do Calvario. Disfrutamos moito lucindo os nosos disfraces relacionados coas viaxes polo mundo. Houbo mexicanos-as, "brasingleses", turistas, galegos e galegas polo mundo, xaponeses-as, italianos-as....en fin, unha morea de comparsas que alegraron a mañá aos viandantes.
Eiquí deixamos un pequeno vídeo resumo desta xornada festiva:
No hay comentarios:
Publicar un comentario