lunes, 20 de noviembre de 2023

A PRIMEIRA VEZ NA BIBLIO (3 anos)

Ola de novo. 

Desta vez queremos presentarvos aos novos socios e socias da nosa biblioteca, os máis peques do cole, que a semana pasada visitáronnos por primeira vez e así coñeceron a Castelao e ao rato Pérez.

Portáronse moi ben e aprenderon as normas básicas da biblio: non levantar a voz, non correr, colocar os libros no seu estante e co lombo cara afora, cales son os libros que poden levar á casa e en que andeis están e deixar todo no seu lugar e ordeado antes de marchar. 

Estas normas son moi importantes, xa que a biblio é un lugar común, no que temos unha morea de materiais (libros, comics, revistas, xogos e accesorios da caixa de luz, xogos de mesa, xogos de robótica, creativos....) que deben estar ordeados para que todos poidamos disfrutar dela.

Tamén se puxeron moi contentos, pois Castelao e o rato Pérez deixaron un agasallo sorpresa que lles encantou: un identificador de maletas!!!....para cando viaxen polo mundo coa súa mochila ao lombo.









E, para que nos queden ben claras as normas da biblioteca, os máis expertos do cole, os rapaces e rapazas voluntarios de 5º e 6º, fixeron un simpático e didáctico vídeo.

      Pulsade na imaxe  👇 para poder ver o vídeo

      

Vémonos pronto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario