Ola de novo.
Hoxe, luns, 27 de novembro, os nenos e nenas de 5 anos visitaron as instalacións de ONDA CERO RADIO da rúa García Barbón e participaron en vivo e directo, xunto coas súas profes, no programa "más de uno". Moi contentos-as sentáronse nunha gran mesa, enfundáronse os cascos e achegáronse aos micros. Falaron co locutor do programa e ata cantaron unha bonita canción.
Eiquí deixamos un enlace do programa, pinchade na orella e
ESCOITADE CON ATENCIÓN
Para aproveitar moi ben o paseo, tamén visitaron a estación de Renfe de Guixar. Moi amablemente e con moita paciencia, este home do chaleco verde guiounos na visita pola estación e explicoulles unha morea de cousas moi interesantes sobre este medio de transporte tan popular: os andéns, as pantallas que anuncian chegadas e saídas, onde van os trens e de onde veñen. Tamén subiron a un tren e vírono por dentro....Vaia sorte teñen algúns!!!
Unha aperta
No hay comentarios:
Publicar un comentario