Ola de novo. Esta semana disfrutamos dunha velada de teatro no cole, da man da familia de Malik. Como afeccionados ao teatro de títeres, e dun xeito desinteresado, ofrecéronse a facer unha representación. Nós, como non podía ser doutro xeito, aceptamos sen pensalo dúas veces.
A cita foi o luns 4 de decembro pola mañá e como público a rapazada de 3 anos e algunhas profes.
A protagonista é unha boneca chamada Patri, que ía presentando e narrando as historias e interactuando con nós. Patri contounos dous contos nunhas versións moi especiais: a ratiña presumida (destacando a importancia da igualdade e da amizade) e o cabalo de Troia (enfocándose na busca de ideas creativas e do esforzo para solucionar os problemas, sen recorrer á violencia ou forza física). Ademais, para a nosa sorpresa, tamén apareceu o galo Bartolito cos seus amigos cantándonos a súa famosa canción.
Pequechos-as e profes participamos, contestamos, cantamos e divertímonos moitísimo. Esperamos que volten moi pronto con máis historias. Tamén queremos darlles as grazas en nome de todo o cole.
No hay comentarios:
Publicar un comentario