viernes, 23 de diciembre de 2022

Iniciado o Nadal!

 Esta foi unha semana de celebracións!

Bailes e panxoliñas, visita das axundantes de Papá Noel, creación de adornos, preparación de cartas e postais,...

Dende o equipo de dinamización da lingua galega xunto coa biblioteca deixámosvos uns modelos de cartas inclusivas con pictogramas para Papá Noel e os Reis Magos.

 

Tamén vos deixamos un conto dos Reis Magos para que poidades gozar da súa lectura nestas vacacións de Nadal.

Podedes aproveitar para pasarvos polo blogue do equipo de dinamización da lingua galega onde tamén podedes encontrar unha carta dirixida ao apalpador.

http://medrandocoanosalingua.blogspot.com/

Aquí van unhas recomendacións lectoras.


Ademais esta semana tamén tivemos sorteo da loteria de Nadal no restaurante "O faladoiro das pombas".


E cun menú moi especial... pecha as súas portas ata o próximo trimestre.

Finalmente queremos mostrarvos a felicitación do Nadal chea de agarimo elaborada polo alumnado de 6ºde Primaria dirixida a residencia de maiores de Campolongo en Pontevedra.
Que bo xesto de solidariedade! Felicitacións!


Deseámosvos moi bo Nadal e un próspero ano novo cheo de novas aventuras na Biblioteca Castelao!

Vémonos en Xaneiro!

No hay comentarios:

Publicar un comentario