Hoxe é un día moi especial para a biblioteca Castelao.
Seleccionáronnos para Radio na biblio!
Iniciamos o noso percorrido desde hai varios anos tentando que aceptasen a nosa solicitude. A pesar diso, o curso pasado decidimos comezar independentemente a nosa andaina coa radio e aprendemos unha chea.
Finalmente hoxe seleccionáronnos! O que a segue conséguea! Xa formamos oficialmente parte dos centros con Radio na biblio!
Grazas a todos os que o fixestes e facedes que sexa posible!
Deixámosvos a nosa ligazón para que escoitedes os podcast que fixemos o curso pasado:
Estade moi atentos porque faremos moitos máis!
No hay comentarios:
Publicar un comentario