O luns 23 de abril, e como cada ano nesta data, celébrase o Día do Libro .
Unha conmemoración que se festexa en todo o mundo e que busca, sobre todo, fomentar a lectura, pero tamén defender e protexer a industria editorial e os dereitos de autor. A pesar de todo, a instauración dun día do libro mundial é bastante recente.
Foi en 1995 cando a UNESCO aprobou, a proposta da Unión Internacional de Editores, a celebración do Día Internacional do Libro e do Dereito de Autor (o seu nome completo). A data elixida non é froito do azar senón que se decidiu ao tratarse dunha data transcendente na historia da literatura.
Foi un 23 de abril cando Miguel de Cervantes, William Shakespeare, Inca Garcilaso da VegaWilliam Wordsworth ou Josep Pla morreron. Tamén foi un 23 de abril cando Manuel Mejía Vallejo, Maurice Druon ou Halldór Laxness naceron.
CRONOLOXÍA DO DÍA DO LIBRO.
Para saber máis preme na imaxe
IMAXE DO XX EDICIÓN DO SALÓN DO LIBRO
"A REVOLUCIÓN" (Pontevedra)
No hay comentarios:
Publicar un comentario