sábado, 27 de abril de 2019

SEMANA DO LIBRO

Esta semana , dedicada ao libro, contamos con diferentes animadores e autores que nos visitaron para falar de dous libros que leron os alumnos e alumnas de 6º de primaria.


Benxamín Novoa, fixo unha animación sobre o libro "Mi hermano el genio" do escritor Rodrigo Muñoz Avia.


"Mi hermano el genio"

PREMIO  EDEBÉ DE LITERATURA INFANTIL 2010

Descrición:
O mundo divídese en dous tipos de persoas: os xenios e os demais.
Iso é o que di a miña nai.
Entre os xenios atópase o meu irmán.
Entre os demais atópome eu.
Isto a miña nai non o di así, pero eu sei que o pensa.
Eu tamén o penso, a verdade.

Chámome Lola, teño dez anos e gústame o fútbol.













Tamén contaron coa visita de Iria Misa e puideron charlar con ela sobre o seu libro "Mamá,  quero ser  Ziggy  stardust", que trata un tema tan delicado como a  transexualidad nas aulas.

Imagen relacionada

"Mamá, quero ser Ziggy Stardust"

Iria Misa (Autora)
Alba Barreiro (Ilustradora)
3ª Edición - Premio Fervenzas Literarias ao Mellor libro infantil, 2018.

Aine contaba nove anos a primeira vez que viaxou cos seus pais de vacacións.
Naqueles días, ademais de percorrer a cidade, visitaron unha exposición.
Era sobre unha estrela de rock que mudaba de aspecto coma os camaleóns. Un arreguizo estraño percorreulle o corpo cando se fixou na roupa que vestía, pois non soubo se era de home ou de muller.
Emocionouse ao ver que tiña o cabelo roxo, tan semellante ao seu. Escoitou aquela canción que falaba dun extraterrestre que só quería cantar e bailar e tivo unha revelación: Aine, de maior, sería igual que Ziggy Stardust.







Agora tocalle o turno aos máis pequechos do cole. Eles tamén tiveron unha sesión de contacontos levada a cabo polos alumnos e alumnas do IES Castelao.













E como todos os escritores, e animadores que veñen ao noso cole, tamén asinaron no noso libro de honra.






E ... como broche fina desta semana adicada ao libro, non podía faltar o apadriñamento lector.









No hay comentarios:

Publicar un comentario