Xa temos todo preparado para empezar a traballar a banda deseñada.
Na entrada da biblioteca, podedes ver información sobre os elementos dun cómic e os tipos de planos que podemos atopar.
Esta información será moi útil para a rapazada de 4º, 5º e 6º de Primaria, que terán o día 1 e 2 de febreiro, un obradoiro de banda deseñada levada a cabo por Jorge Campos (autor de Alter.Nativo e considerado o cuarto mellor álbum de banda deseñada según a Revista de Literatura galega : "Fervenzas literarias").
Enriba das mesas, cando baixedes á biblioteca, poderedes facer as diferentes actividades propostas para traballar o cómic (viñetas, bocadillos, tipos de planos, onomatopeias...).
Aquí tendes unhas actividades LIM feitas polo equipo de biblioteca do CEP Dr. Fleming de Vigo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario