martes, 2 de enero de 2018

LECTURAS PARA PEDIRLLE AOS REIS

ROPOSTAS DE LECTURA NO NADAL
DECEMBRO 2017
MIGUEL
CONTO EXEMPLAR EN CINCO CAPÍTULOS
E UN PRÓLOGO


Maurice Sendak

Tanto me ten!, dicía Miguel, un neno moi impertinente que a piques estivo de ser devorado por un león. Menos mal que aprendeu a lección. Unha lectura con rima, ensinanza e humor.
SOPA DE POLO CON ARROZ
LIBRO DOS MESES


Maurice Sendak

De xaneiro a decembro, un divertido (e saboroso) poema ilustrado por cada mes do ano: dende patinar no xeo ata viaxar polo mundo, pasando por converterse en árbore de Nadal. Boa e proveitosa lectura!
O UN ERA XOÁN
UN LIBRO PARA CONTAR


Maurice Sendak

Contando e rimando do un ao dez van sumándose personaxes e feitos a este singular libro dos números; tamén en orde inversa para que o protagonista poida seguir lendo o seu libro.
OS CAIMÁNS VAN DE PASEO
UN ALFABETO


Maurice Sendak

Do A ao Z, un simpático alfabeto cunha familia de crocodilos que pasean, xogan, cociñan e fan moitas máis cousas... Rimas e humor para gozar das letras.
ALLUMETTE

Tomi Ungerer

"A vendedora de mistos" de Andersen, na era actual, reflectindo as peores cualidades da humanidade pero cunha perspectiva esperanzadora: unha nenacomo exemplo de xenerosidade, entrega e xustiza social.
ERNESTO E CELESTINA
PERDERON A SIMEÓN


Gabrielle Vincent

Moito se disgusta a ratiña por perder o seu boneco preferido! Sorte que o oso busca unha solución que a alegrará a ela e a moitos máis habitantes do bosque. Para iso están as amizades!
CANDO MARTIÑO TIVO GANAS
DE MEXAR NA NOITE DE REIS


Chema Heras
Kiko Dasilva


«Os Reis Magos non entran na casa dos nenos que non están durmidos», avisouno o seu pai. Pero a medianoite Martiño soñaba, e entráronlle unhas enormes ganas de mexar...
MINILIBROS IMPERDIBLES 3

VV.AA.

Sete libros en miniatura nunha caixiña que contén os seguintes títulos:
A árbore da escola
O fío
Amelia quere un can
Os tres porquiños
Paco
O patiño feo
Once damas atrevidas

NUNÚ XOGA

Cally Stronk
Constanze v. Kitzing


Á pelota, co quebracabezas ou coas pezas de construcción, o pequeno elefante descobre a importancia do xogo individual e colectivo.
NUNÚ NO XARDÍN

Cally Stronk
Constanze v. Kitzing


A calor do sol, os froitos e as flores, o rechouchío das aves... experimentar e gozar da natureza a través dos sentidos cun encantador elefantiño.
CERVATOS

Lucía Novas

Un mundo urbano, nocturno e inhóspito -mais arraigado na aldea- agroma nestes versos cheos de músicas e imaxes, próximos á estética do videoclip e con influencias da cultura kitsch. Beleza efémera, poética híbrida.

No hay comentarios:

Publicar un comentario