jueves, 9 de noviembre de 2017

PREPARADOS, LISTOS, XAAAA!







O día 23 de Outubro abrimos as portas da nosa biblioteca para este curso 2017-18.
Xa temos todo preparado para empezar as nosas aventuras cos libros.




Unha pista......
Este ano imos viaxar moito.


A ver si sodes quen de descubrir que tema imos traballar este curso.
Aquí vos deixo algunhas pistas.





Necesitades máis axuda?.
Espero que con este video o descubrades.


                                                   Preme na imaxe



O mércores 25 de outubro, acompañounos o CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas).
Para o alumnado de 6º de Primaria fixeron un obradoiro titulado "EstampARTE", onde deixaron impresos varios peixes con tinta china.
Neste vídeo podedes ver como o fixeron. 



Representaron tamén, a obra de Teatro: “¡Qué trabajo tan curioso!” onde os rapaces e rapazas poideron comprobar no seu propio corpo, a importancia de ter un estilo de vida saudable.
Esta obra de teatro, está dentro do proxecto “Ciencias humanas: Moito máis que letras”.

O CSIC para levar a cabo esta actividade, contou co apoio da Misión Biolóxica de Galicia e a colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (Ministerio de Economía, Industria e Competitividade).






A semana do 23 ao 27 de outubro, tamén aproveitamos a facer a formación de usuarios o primeiro día que o alumnado baixaba á biblioteca.



Preme na imaxe

Esa mesma semana estivemos preparando a festa do Samaín e na biblio puxemos unha exposición con libros desta temática.





No hay comentarios:

Publicar un comentario