O día 14 fixemos a nosa festa do magosto no cole, e moitas das caixas para as castañas, foron decoradas con motivos relacionados coas Marabillas do mundo.
MANIFESTO
Toda semente leva no seu interior a árbore que chegará a ser.
Somos xente nova, por tanto somos semente, e queremos ser capaces de chegar a desenvolver todo o noso potencial, chegar a ser árbores de fortes raíces asentadas na terra.
Pero, que terra queremos? Queremos unha terra rica, porque...
"A terra é a nosa nai. Todo o que a ela lle ocorra,ocorreralle aos fillos da terra... Todo o que faga dano á terra, fará dano ao home..."
Estas palabras, que dixo hai xa moitos anos o xefe indio Seattle están moi vivas hoxe.
Cando miramos con medo como a vaga de lume queimaba os nosos montes, matando moitas árbores e moitos animais e condenándonos a un futuro negro, desolado, peor, máis pobre... preguntámonos que poderíamos facer nós, o alumnado d´O Pombal para remediar o dano feito...
...e voltamos as sementes, neste caso as landras. Ímolas deixar xerminar, ímolas coidar, axudar a que se vaian desenvolvendo cómo árbores e cando as súas raíces estean fortes, ímolas coidar, axudar a que se vaian desenvolvendo como árbores e cando as súas raíces estean fortes, ímolas entregar a Nai Natureza, a un bosque orfo de árbores, para que coa súa enerxía axude a desenvolverlle o seu esplendor. Prometemos coidar da nosa árbore e da súa contorna así como da vida e beleza que a deben rodear.
Coa plantación de hoxe, queremos selar e simbolizar este compromiso asumido polas nenas e nenos d´O Pombal.
E agora, todos xuntos digamos ben alto:
"VIVA A NATUREZA", "LUME: NUNCA MÁIS".
Xefe indio Seattle |
No hay comentarios:
Publicar un comentario