jueves, 29 de junio de 2023
lunes, 19 de junio de 2023
AGASALLOS DOS DESAFÍOS
Ola de novo, prometimos premiar aos máis participativos nos desafíos ao longo do curso, así que, eiquí vos deixamos as entregas de agasallos para que vexades que somos de palabra e non vos olvidamos. Houbo agasallos para os nenos e nenas que participaron en todos os desafíos de xeito individual e tamén para as aulas que participaron en grupo.
Déixovos algunha fotos da entrega de premios.
Se queredes....o curso que ven haberá máis.
Vémonos o curso que ven....SUPER DESAFIADORES!!!
miércoles, 7 de junio de 2023
Animación de Benxamín Míguez Novoa
O alumnado de 4º de Primaria tivo onte a oportunidade de contar coa animación de Benxamín Míguez Novoa.
Foi un coloquio sobre o libro que leron de Pilar Lozano "Hugo busca amigos".
Falouse sobre os robots, a necesidade de ter amigos e das relacións que se entablan dentro do entorno familiar, dos desexos e dos sentimentos.
Toda a rapazada participou dun xeito moi activo e con moita atención.
De este modo damos por rematadas as animacións de este curso 22-23.
miércoles, 31 de mayo de 2023
Sementamos futuro no Pombal
Nesta entrada imos facer unha recopilación dos traballos que fixeron a rapazada coa PDI deste ano "Sementamos futuro no Pombal".
A rapazada de Infantil e o 1º curso de Educación Primaria participan no programa Emociona-T, e fixeron o recuncho da calma a través do lema "como te sentes hoxe?
Tamén todo o alumando do centro encargouse de plantar no noso horto : leitugas, tomates, amorodos, pementos como podedes ver na seguinte imaxe:
lunes, 29 de mayo de 2023
Trémola teatro
Hoxe a rapazada de 3º de Primaria tivo a oportunidade de gozar da actuación de Trémola Teatro, grazas ao contrato-programa Iguala-T.
Nesta animación desmitificaron oficios considerados de homes e mulleres e mostraron a rapazada que poden ser libres de escoller o que máis lle gusten.
sábado, 27 de mayo de 2023
Animación de Chus Lago
Onte tivemos a oportunidade de contar con Chus Lago unha alpinista viguesa.
O 26 de maio de 1999 a viguesa conseguía chegar ao Everest soa e sen osíxeno artificial. Este 26 de maio de 2023 celebrou o aniversario de tal feito...visitando o noso colexio!
Fixoo para compartir a mañá co alumnado de 5º de Primaria que este curso traballou o seu libro " Fata y los fantasmas del Everest", que mestura ficción, aventura e coñecementos reais sobre escalada, facendo que a rapazada descubrira un mundo máxico.
Aproveitando a súa visita fixémoslle unha entrevista para a Radio Pombal Castelao e de seguido comenzou a falar de famosas expedicións, pasando a contar a súa propia experiencia persoal na expedición ao Everest sen osíxeno artificial.
O acto rematou coa alpinista e escritora asinando no libro de honra da Biblioteca e colocando a súa estrela no Paseo de Fama.
Moitas grazas pola túa visita e disposición esperamos verche pronto de novo pola nosa biblioteca!
viernes, 26 de mayo de 2023
Caderno de bitácora
Ola rapazada do Pombal! Imos enseñarvos o moito que traballástedes nos cadernos de bitácora que van nas mochilas viaxeiras.
Esperamos que o disfrutedes!
martes, 23 de mayo de 2023
DESAFIOS 6
Ola, xa estamos eiquí de novo.
Chegamos ao derradeiro desafío deste curso, así que, como o prometido é débeda, xa temos preparados os agasallos sorpresa para as nenas e nenos que participastes en todos os desafíos que vos propuxemos....xa falta pouquiño!!!
Imos xa coas respostas correctas dos desafíos número 5.
RESPOSTAS DESAFÍOS NÚMERO 5
DESAFÍO VERDE
NOVOS DESAFÍOS
miércoles, 17 de mayo de 2023
Día das Letras Galegas
Todo o alumnado do centro estas semanas estiveron traballando o autor homenaxeado Francisco Fernández del Riego .
domingo, 14 de mayo de 2023
Animación María Canosa
O pasado venres tivemos de novo a oportunidade de gozar de María Canosa pero está vez para o alumnado de 1º de Primaria co libro "O día que choveu do revés".
Foi unha experiencia moi enriquecedora xa que a rapazada poido resolver as súas dúbidas na primeira parte da animación. Despois a autora fixo unha pequena animación e finalmente asinou os libros.
Moitas grazas María pola túa compañía! Esperamos poder verche pronto outra vez!
lunes, 8 de mayo de 2023
DESAFÍOS 5
Ola de novo.
Gustouvos o agasallo sorpresa que vos preparamos?
Pois esperamos que servira para animarvos a participar no seguinte desafío, xa o número 5 deste curso.
Pero antes imos coas respostas do número 4 verde e amarelo.
RESPOSTAS DESAFÍOS NÚMERO 4
DESAFÍO VERDE
O prazo remata o venres 19 de maio.
Vémonos en 15 días cos desafíos número 6.
























.jpg)










.jpg)








