Ola Pombaleiros!
Antes de nada dicirvos que esteades ben atentos ás nosas redes porque en breve veredes o resultado do bonito que quedaron os nosos corredores con todos vós lendo, dá gusto camiñar entre tanta lectura, parece que estamos nun conto!
Doutra banda querémosvos dicir que xa está aquí o reto de decembro .... que vai ser de ALU-CINE!! sospeitades de que vai ser o reto???
Exacto!!!! da sétima arte!!! do CINEMA!
Para isto teredes todo o nadal para facelo, pois ata o día 9 de Xaneiro non haberá que entregalo e así, poder recibir de novo o voso selo de confirmación na paleta.

En que consiste? simplemente tedes que presentarnos a vosa película favorita, a cal podedes aproveitar para vela en familia este nadal.
Unha vez escollida podédesnola debuxar, describir, facer unha colaxe sobre ela...xa sabedes que este ano, máis que nunca, tedes que deixar voar a vosa imaxinación e ao artista que levades dentro.
E xa para terminar, deberedes que investigar sobre a figura que se regala nos premios do cinema español....Como se chama?
🎬🎬🎬🎬🎬🎬
Todo isto (a vosa película e o nome da estatua) deberédelo facer nun folio, sempre co voso nome e curso por detrás.
Agora, collede ben de flocos de millo e a gozar da vosa película e investigación!
🍿🍿🍿🍿🍿🍿🍿
Bo Nadal

No hay comentarios:
Publicar un comentario