Rematamos o mes de febreiro cunha morea de actividades.
O día 24 visitounos Sabela Gago (Ed. Santillana). Comenzaron as visitas de autores/as e animacións deste curso, o alumnado de 3º de primaria.

Nesta semana tamén traballamos o Entroido.

Como este ano está adicado a Castelao e a nosa biblio leva ese nome, quixemos facer unha homenaxe a este escritor disfrazándoo como as diferentes comparsas (con hábitos saudables) coas que ían desfilar polo barrio a nosa rapazada.

ED. INFANTIL: "Pequenos atletas, grandes metas"
1º PRIMARIA: "Esquiando, esquiando, a nosa saúde vai mellorando"
2º PRIMARIA: " Os máis limpos"
3º E 4º PRIMARIA: "Bar pombaliano e come ben todo o ano"
5º PRIMARIA: "Pombaleiros na copa do mundo"
6º PRIMARIA: "O descanso é saúde"
Agora déixovos unhas fotiños duns traballos relacionados coa PDI de este ano: "Pombaleiros/as en forma".

O deporte é saúde.
No hay comentarios:
Publicar un comentario