Estamos seguros-as de que as propostas que vos traemos nesta ocasión para celebrar o DÍA DA PAZ, vanvos encantar.
É moi importante para nós a celebración do DÍA DA PAZ, tan necesaria nos tempos que corren. Parece que os seres humáns non aprendemos dos nosos erros, e repítese sempre a mesma historia dun xeito cíclico e case contínuo...as guerras entre diferentes países non cesan.
Martes, 30 de xaneiro: visita da marabillosa artista Uxía, co seu traballo María FumaÇa, un proxecto literario e musical que aporta optimismo e aposta pola alegría de vivir e pola integración.
E, xa para rematar esta gran semana, unha actividade que pode triunfar e levarnos a dar a volta ao mundo, ...literalmente, as maletas viaxeiras pola Paz
co noso lema
"Pombaleiros-as pola Paz"
Os nenos e nenas do cole, durante estes días estarán a preparar e personalizar unhas maletiñas viaxeiras con palabras e frases fermosas, que pretendemos que cheguen o máis lonxe posible a través das persoas que vaian atopando as maletas.
A actividade é sinxela: tedes que levar a maleta de viaxe (cerca ou lonxe) e facer unha foto con ela no lugar do voso destino. Se non tedes previsto viaxar, podedes atrasalo ou darlla a un familiar ou amigo que vaia facelo. Logo subide a foto ás vosas redes sociais, comentando o lugar onde estades e compartindo a seguinte etiqueta (hashtag):
#pombaleirosaspolapaz
Por último, deixade a maletiña no lugar que estades, mellor se é nun sitio concurrido como un parque, unha estación, un aeroporto...para que outras persoas poidan facer o mesmo procedemento e así conseguir que chegue a todos os países do mundo. Complicado?, pois claro, pero...quen sabe?
Estade moi atentos, pois as primeiras maletas sairán de viaxe ao longo desta semana que empeza.
No hay comentarios:
Publicar un comentario