Fai xa unhas cantas semanas, que propuxemos facer unha carta, un debuxo, un vídeo.. para darlles ánimos a todos os nenos e nenas da illa das Palma que están pasando por uns momentos moi duros por mor da erupción do volcán na cordilleira Cumbre Vella.
Cando comenzaron os retos de escribir cartas as nenas e nenos palmeros e ser solidarios con eles, a rapazada de 5 anos A fixeron un conto entre toda a clase.
A mestra tiña que escribir un conto con todas as aportacións que facían os nenos/as.
Cada un debuxou algo do que escoitaba ou vira na televisión.
Da casa, trouxeron libros e contos sobre os volcáns para saber máis cousas.
Todo isto, queren que o subamos ao blog por si os nenos e nenas da Palma quedan sen libros para traballar nas súas escolas, por iso vai en galego e castelán.
PREME NA IMAXE |
Despois escoitaban que comendo plátanos canarios tamén axudaban a mellorar as súas vidas.
Así que lles mandamos unha mensaxe de solidariedade e apoio aos nenos e nenas da Palma.
Uns falan con nervios,outros con tanta timidez que non saen as palabras, outros con soltura, con preocupación,... pero todos e todas puxeron a mellor intención e moito amor para que os rapaces e rapazas da Palma sintan que tamén nos preocupamos por eles.
Tamén foron moitos os cursos que traballaron o tema dos volcáns. Aquí tendes unha pequena mostra dos nenos e nenas de 5º B.
No hay comentarios:
Publicar un comentario