O primeiro, deixarvos a guía das recomendacións de lecturas para este verán.
Coma se estiverades no cinema, tedes que elixir a sala que vos corresponda para poder ver na pantalla os diferentes libros.
Esperamos que vos guste.
E AGORA...
Como ben sabedes, propuxeramos un reto anual para facer a vosa propia película.
Aquí deixámosvos o curto que fixo o alumnado de 6ºB e as súas titoras.
Premede na imaxe para vela.
As familias de infantil 5 anos A , tamén quixeron sentirse directores, produtores, cámaras e encargados de vestiario facendo unha pequena película como agasallo para a titora dos seus fillos e fillas.
Este foi o resultado.
E xa para rematar este "Curso de película", aquí vos deixamos unhas fotos da visita de Alberto Avendaño e "A tropa contra o virus", da editorial Xerais.
E CON TODO ISTO XA NOS DESPEDIMOS.
Castelao e o Rato Pérez
Parabéns ao equipo de Biblioteca pola actividade realizada este curso. A guía de verán deste curso é fantástica. Moitas grazas pola vosa implicación e compromiso. Felices vacacións !!
ResponderEliminar