Aquí estamos de novo.
Qué tal de vacacións de Nadal?.
Esperamos que Papá Noel e os Reis Magos vos trouxeran os libros de lectura que ides traballar na clase (entre outros agasallos).
E falando de lecturas... O día 11 de xaneiro, celébrase o Día do usuario das bibliotecas.
Na Biblioteca Neira Vilas , agasallaron cun lote de libros aos usuarios e usuarias máis devoradoras .
Neste caso, temos que felicitar a Candela de 4º A na categoría infantil.
Tamén a avoa de Ángel Faro (5ºA), Paula (6ºA) e Ana Ballesteros (3ºA), foi unha das agasalladas cun lote de libros na categoría de adultos.
Aproveitamos para deixarvos o enlace da Biblioteca Neira Vilas para que vexades as actividades do mes de xaneiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario