Aquí estamos cun reto novo.
Como o domingo é 17 de maio e celébrase o día Das letras Galegas; durante esta semana imos decorar palabras en galego.
E como?.
1. Nun folio escribide unha palabra en galego .
2. Co material que teñades na casa a decorades: anacos de papel, lentellas, macarróns, goma eva, labras de afiar as pinturas..., con todo aquilo que se vos ocorra.
3. Sacádevos unha foto coa palabra.
4. Mandádea ao correo da biblio, co voso nome e curso.
O prazo máximo de entrega é o día 20 de maio, xa que faremos algo con elas e a partir desa data, non se recollerán máis fotos.
Publicaránse todas o día 22 de maio.
Como sempre, enviade as fotos ao correo da biblio:
bibliopombalcastelao@gmail.com
Aquí vos deixo un exemplo feito por Leo de 3º B:
No hay comentarios:
Publicar un comentario