Nos corredores dos dous edificios fixéronse diferentes exposicións onde se pode ver fotografías, maquetas, traballos feitos polo alumnado e obxetos relacionados coa ensinanza.
Na entrada do edificio novo, e aproveitando o tema elexido para traballar este ano ("As nosas tradicións"), colocouse unha exposición que como ben titulou un xornal galego: 2Del tintero a la tableta en 70 años".
![]() |
ANTES |
![]() |
AGORA |
Aquí podedes ver unha parte das exposicións:
Na entrada da biblio, tamén fixemos un pequeno percorrido por estos últimos 12 anos. Puxemos fotos coas temáticas elexidas para traballar dende o ano 2007.
Dúas aulas do noso cole, van levar o nome de dous escritores moi coñecidos por nós: Ledicia Costas e Antonio García Teijeiro.
Fíxolles moita ilusión que contaramos con eles para poñerlles o nome a estas aulas.
Unha antiga mestre do cole (Chelo :"inglés"), quixo facer un vídeo sobre O Pombal.
A PRENSA FAISE ECO DA CELEBRACIÓN:











No hay comentarios:
Publicar un comentario