Non pensariades que nos esquecéramos de vós?.
O que pasa é que este ano haberá moitos cambios na biblio.
Cando a inauguremos, atoparedes zonas novas para o voso disfrute.
Todo comenzou polo mes de xullo...
Fixemos limpeza no cuarto de audiovisuais e tiramos ao lixo moitas cousas que xa non servían.
Aquí vos deixo unhas fotos.
Como comprenderedes hai moito traballo por facer, polo que durante o primeiro trimestre a sala da biblioteca estará pechada, pero non así as actividades.
As mochilas viaxeiras sairán rumbo as vosas casas en breve e o préstamo de libros o faredes nas vosas aulas.
Co ano novo, agardamos poder sorprendervos con todas as novidades que Castelao e o rato Pérez están a preparar.
Castelao e o rato Pérez.
No hay comentarios:
Publicar un comentario