martes, 22 de octubre de 2019

O vindeiro xoves, 24 de outubro, celébrase o Día das Bibliotecas Escolares.
O lema para este curso 2019/20 é      " Biblioteca escolar, viveiro de cidadanía".
Nesta ocasión é o ilustrador Óscar Villar quen interpreta o lema e ofrécenos unha imaxe múltiple e evocadora de diversas situacións que unha biblioteca escolar pode facilitar.
Intervir na biblioteca escolar (nos seus espazos,nos seus tempos,nos seus recursos e actividades) ten consecuencias para o alumnado e para a comunidade educativa.
Cómpre unha reflexión sobre a distribución dos espazos, a organización dos tempos, a selección dos recursos e, moi especialmente, sobre o enfoque das actividades, co fin de que a biblioteca
Resultado de imagen de bibliotecas escolares de galiciapoida facilitar o diálogo, a lectura crítica, a reflexión, o acceso ao coñecemento, o pensamento, a investigación, a experimentación, a creación, a comunicación, a adquisición de competencias útiles para a vida e para a convivencia, para o desenvolvemento académico e persoal.



No hay comentarios:

Publicar un comentario